Por mi culpa, por mi culpa, por mi gran culpa....



Dende a creación do mundo, podíamos estar vivindo no mesmo paraíso... se non fora porque Eva comeu da mazá, culpa súa, ninguén lle mandou. Enfadácheste coa túa amiga? Culpa vosa, que as nenas sodes algo malas entre vós e moi crticonas, mira como os nenos xogan ao fútbol e non se preocupan por esas tonerías. Pasou de ti? Normal, non deberías de haberte deitado con el na primeira cita, isto é culpa túa. Non te volveu a chamar? Normal, es unha estreita, culpa túa por non darlle o que quería. Por iso te deixou, porque buscou fóra da casa o que non lle dabas dentro. Esta tipa está toda amargada, é unha malfodida (si, tamén temos a culpa de que nos fodan mal, porque obviamente nós, somos un suxeito pasivo). Mira como me pos, non é culpa miña se despois non dou parado. Embarazada? Culpa súa por non tomar os medios precisos. Mira esa, vai así vestida e despois pretenderá que non a miren. Culpa túa que polas redes sociais che digan todas esas porcalladas, se non quixeras non terías subido iso. Se a tratan de muller floreiro é porque ela acepta, será culpa súa digo eu. Pois nin idea diso, esas cousas lévaas súa nai, cousa súa que o neno non entregara o traballo. Poderías arreglarte algo muller, que non che costa nada, se vés así é porque queres. Mira esa, ten a cara chea de engurras, podería maquillarse algo. Mira aquela, estirou toda a cara, hai que aprender a envellecer con dignidade, porque iso se o fixo é porque quere... Culpa. Se tan en contra estás de que a muller debe adaptarse aos cánons, é culpa túa maquillarte, depilarte e poñer tacóns, que ninguén te obriga. Se estás gorda é porque queres, que con esforzo e dieta xa está. Se estás así de anoréxica é porque queres chamar a atención e es unha superficial, deixar de comer é cousa túa.CULPABLE. Espantáchelo por bruta, se foras mais fina... Bueno, se te piropean non é nada malo, deberías sentirte alagada, enfádaste porque queres. CULPA. Como? Muller, é só unha broma, as feministas ofendédesvos por todo; non tedes sentido do humor... non é culpa nosa que o tomedes todo tan a peito. Os homes temos impulsos irracionais, non é culpa nosa.  Se non fora borracha por aí e soa a esas horas non lle pasaba nada, en parte é culpa súa. É bo rapaz, só que co alcohol ponse algo violento, pero non é por ser el así... En realidade foi culpa miña que se alterara tanto, sempre o estou molestando coas miñas tonterías. Se hai estudos e traballos nos que só hai homes, é culpa vosa, todos partimos das mesmas oportunidades. Estades en contra de que vos hipersexualicen, pero culpa vosa por mercar eses disfraces. Ela era menor, pero ben que quería, non é culpa só del. Bueno se aguantaba iso é porque quería, a primeira vez que che pon a man enriba déixalo e xa está. Se houbese denunciado, pois xa estaba. 


Nin me abandonarás nunca, culpa que sempre me inculpas...


Comentarios

Entradas populares de este blog

Teoría King Kong

Reseña: Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

Que andas a facer?