Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Que andas a facer?

Imagen
No tocante ao ámbito das artes, o que mais me esperta interese é a fotografía, polo que será o eixo central da miña proposta. Que propoño? A creación dun proxecto artístico fotográfico/ rede social de fotografías de mulleres nun ámbito cotiá. Para isto, crearase un espazo web, onde calquera muller interesada poderá subir as súas propias fotografías, cuxas protagonistas sexan outras mulleres (ou elas mesmas) en contextos ordinarios, desenvolvendo actividades do día a día. A través desta plataforma e das diferentes aportacións, esta web tería unha estética similar a unha galería fotográfica de exposición, onde calquera podería acceder para ver as fotografías que aquí se publiquen. As fotos que se subisen a este espazo poderían ir acompañadas de descricións, comentarios… ou calquera aspecto que a autora da mesma considerase interesante engadir. Tamén se habilitaría un espazo para comentarios, onde debater e intercambiar impresións. Por que o propoño? Considero qu

Por mi culpa, por mi culpa, por mi gran culpa....

Dende a creación do mundo, podíamos estar vivindo no mesmo paraíso... se non fora porque Eva comeu da mazá, culpa súa, ninguén lle mandou. Enfadácheste coa túa amiga? Culpa vosa, que as nenas sodes algo malas entre vós e moi crticonas, mira como os nenos xogan ao fútbol e non se preocupan por esas tonerías. Pasou de ti? Normal, non deberías de haberte deitado con el na primeira cita, isto é culpa túa. Non te volveu a chamar? Normal, es unha estreita, culpa túa por non darlle o que quería. Por iso te deixou, porque buscou fóra da casa o que non lle dabas dentro. Esta tipa está toda amargada, é unha malfodida (si, tamén temos a culpa de que nos fodan mal, porque obviamente nós, somos un suxeito pasivo). Mira como me pos, non é culpa miña se despois non dou parado. Embarazada? Culpa súa por non tomar os medios precisos. Mira esa, vai así vestida e despois pretenderá que non a miren. Culpa túa que polas redes sociais che digan todas esas porcalladas, se non quixeras non terías subido