Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Proposta de normas para un TFM con perspectiva feminista.

Imagen
Cando nos plantexamos as normas para a realización dun TFM con perspectiva de xénero, ao marxe do tema central do traballo, deberíamos de ter algunhas consideracións previas, especialmente no referente á linguaxe. Non penso que exista unha receita nin unha única forma de facelo ben, pero aí van as miñas propostas: - Evitar o emprego de formas duplas. En primeiro lugar, unha das alternativas sería empregar o colectivo neutro, é dicir, en lugar de as/os mestras/es, empregar o substantivo: profesorado. Ademais, cómpre ter en conta, que na forma dupla que eu empreguei como exemplo, coloquei o feminino primeiro, cando a norma é que aconteza dun xeito contrario. No caso de que non existise un colectivo neutro, ou que esta proposta non convenza, tamén se podería apostar por  outras formas como o emprego de: “@”, “X” ou “*”. O mellor de empregar este tipo de alternativas, é que ademais de rematar co sistema hexemónico binario na linguaxe, contribúese a ir incorporando estes recursos

Teoría King Kong

Imagen
A segunda obra que escollín para a miña lectura foi Teoría King Kong cuxa autora é a francesa Virgine Despentes; que ademais de escritora e novelista, tamén e directora de cine, pois dirixiu e guionizou xunto con Coralie Trinh Thi unha película baseada nunha das súas novelas. O libro que nos ocupa lugar, foi publicado por primeira vez no ano 2018 en lingua francesa. Se por algo se caracteriza Teoría King Kong , é porque a autora emprega un discurso mordaz, sen tapuxos nin dramatismos e con matices punks . Cando comezas a primeira páxina, a linguaxe xa te engancha porque semella que deches con algo diferente:   “Escribo desde la fealdad, y para las feas, las viejas, las camioneras, las frígidas las mal folladas (…), todas las excluidas del mercado de la buena chica”. Despentes ao longo dos capítulos do seu ensaio, comparte as súas reflexións e plantexamentos feministas de forma sinxela e clara, moi afastada deses discursos de corte intelectualistas que estamos acostu

Reseña: Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

Imagen
O libro do que se vai facer o seguinte comentario leva por título “ Queer-emos un mundo novo ”. Esta obra foi publicada na súa primeira edición no ano 2012 en lingua galega. A autora da mencionada obra é Teresa Moure: escritora, docente na Universidade de Santiago de Compostela e doutorada en Lingüística. “Queer-emos un mundo novo”, a través das súas páxinas preséntase como unha obra abandeirada da teoría Queer, levándonos ao campo da lingüística para poder rachar co binarismo heteropatriarcal presente na sociedade, a través da modificación da nosa linguaxe como ferramenta indispensable. Para contextualizar brevemente en que marco se move a presente obra, cómpre ter en conta de que estamos a falar cando nos referimos á teoría queer. A teoría queer susténtase no rexeitamento da clasificación dos suxeitos en categorías ríxidas e inamovibles, tales como: “home”, “muller” ,“heterosexual”… Sobre todo, tenta rematar co binarismo presente na nosa sociedade e ca famosa dic