Proposta de normas para un TFM con perspectiva feminista.


TRABAJO FIN DE MÁSTER Y PRÁCTICAS EN EMPRESA: INFORMACIÓN ...


Cando nos plantexamos as normas para a realización dun TFM con perspectiva de xénero, ao marxe do tema central do traballo, deberíamos de ter algunhas consideracións previas, especialmente no referente á linguaxe. Non penso que exista unha receita nin unha única forma de facelo ben, pero aí van as miñas propostas:

- Evitar o emprego de formas duplas. En primeiro lugar, unha das alternativas sería empregar o colectivo neutro, é dicir, en lugar de as/os mestras/es, empregar o substantivo: profesorado. Ademais, cómpre ter en conta, que na forma dupla que eu empreguei como exemplo, coloquei o feminino primeiro, cando a norma é que aconteza dun xeito contrario. No caso de que non existise un colectivo neutro, ou que esta proposta non convenza, tamén se podería apostar por  outras formas como o emprego de: “@”, “X” ou “*”. O mellor de empregar este tipo de alternativas, é que ademais de rematar co sistema hexemónico binario na linguaxe, contribúese a ir incorporando estes recursos ás áreas académicas. Semella que estas formas teñen un carácter informal ao estar pouco estendidas no ámbito da investigación e nos contextos académicos; co cal o idóneo sería comezar a empregalos, para unha maior visibilidade e normalización do seu uso.

- Non todo é perspectiva de xénero. A miúdo é habitual que na área da investigación, ao empregar a variable sexo, xa se considere estar a empregar a perspectiva de xénero. Utilizar a variable sexo non é mais subversivo ou feminista que empregar a variable idade. É certo que nalgúns estudos, sobre todo nas ciencias, sexa preciso empregar esta variable, pero o xeito de utilizala non encadra ese traballo dentro dunha perspectiva de xénero propiamente dita.

- Atender á diversidade. Se estamos a realizar un traballo ou estudo acerca dun colectivo, debemos de tomar conciencia de que as persoas que o conforman poden ser moi heteroxéneas. Pode parecer moi obvio, pero habitualmente coa linguaxe, transmitimos unha mensaxe de uniformidade. Fraco favor lle facemos a ese colectivo ou grupo, se  non somos quen de recoñecer estas diversidades polo feito ter unha característica ou características comúns. A linguaxe pode ser unha potente ferramenta para dar a entender esta diversidade. Un exemplo: en lugar de dicir “a muller africana”, empregar o plural “as mulleres africanas”.

- En Galicia, empregar o galego. O galego é unha lingua que se atopa en clara situación de desvantaxe e ata de opresión. Ademais, como xa se viu nunha das sesións,  as mulleres somos as primeiras en mudar ao castelán, posto que estamos mais suxeitas a mecanismos como a linguaxe para promocionar socialmente. Empregar o galego, non é unha elección sen mais, contribúe a manter viva a lingua e a loitar contra o proceso  desprestixio que sufriu e aínda sofre. Se queremos devolverlle e outorgar o status que merece, é preciso continuar producindo textos académicos e de investigación en galego. Deste xeito, é moi probable que cada vez as mulleres muden menos ao castelán.

- Sería interesante non basearnos en prexuízos ou estereotipos preestablecidos para elaborar ou definir certos perfís. É dicir, non existe un perfil das mulleres maltratadas, así como tampouco o hai para os agresores, por exemplificalo dalgún xeito. Ao promover a utilización dunha serie de criterios que debe  reunir alguén para ser considerado como tal, corremos o risco de fomentar e estender crenzas erróneas.  Se hai un perfil de mulleres maltratadas, cando atopemos mulleres que saen dese perfil estamos a restarlle credibilidade. Indo un pouco mais alá, en liñas xerais, deberíanse de revisar as categorías socialmente arraigadas para clasificar ás persoas ou incluso rachalas.

- Non dar nada por sabido. Se non existe a certeza de se algún aspecto do  traballo pode chegar a ser ofensivo ou erróneo sobre un colectivo do que non se forma parte ou nin sequera hai reunida suficiente información; o correcto sería tomar como fonte primaria a persoas dese colectivo. Non se debe de falar por ninguén.

- Tentar mudar a perspectiva masculina branca. No noso sistema universitario, a norma é estudar figuras ou referentes occidentais masculinos. Poucas personalidades relevantes que sexan mulleres e ademais doutros contextos culturais se contemplan nos plans de estudo. Sería pois interesante que nos TFM doutras áreas do coñecemento, onde se deban incluír estudos de diferentes autorías ou mencionar figuras significativas, se lle dera visibilidade a mulleres e que estas non foran exclusivamente occidentais.




Imaxe: Universitat de Valência

Comentarios

Entradas populares de este blog

Teoría King Kong

Reseña: Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

Que andas a facer?