Que andas a facer?

No tocante ao ámbito das artes, o que mais me esperta interese é a fotografía, polo que será o eixo central da miña proposta.

Que propoño?

A creación dun proxecto artístico fotográfico/ rede social de fotografías de mulleres nun ámbito cotiá. Para isto, crearase un espazo web, onde calquera muller interesada poderá subir as súas propias fotografías, cuxas protagonistas sexan outras mulleres (ou elas mesmas) en contextos ordinarios, desenvolvendo actividades do día a día. A través desta plataforma e das diferentes aportacións, esta web tería unha estética similar a unha galería fotográfica de exposición, onde calquera podería acceder para ver as fotografías que aquí se publiquen.

As fotos que se subisen a este espazo poderían ir acompañadas de descricións, comentarios… ou calquera aspecto que a autora da mesma considerase interesante engadir. Tamén se habilitaría un espazo para comentarios, onde debater e intercambiar impresións.


Por que o propoño?


Considero que é interesante crear espazos onde sexamos as mulleres o obxecto da cámara pero tamén as que portemos o obxectivo da mesma, así como poderen debater e comentar as diferentes aportacións que se acheguen. O feito de poder acceder a un espazo de debate, fará posible reflexionar sobre se existen coincidencias nas diferentes fotografías en tarefas que desenvolven tipicamente as mulleres, como poderían ser os coidados. Unha fotografía do cotiá, aporta información moito mais reveladora sobre unha realidade, que aquela onde os suxeitos fotografados posen dun xeito consciente.

Este proxecto, non se trata só da importancia de que as mulleres sexamos as protagonistas das obras artísticas, pois isto leva sucedendo durante toda a historia da arte,  sendo retratadas como musas. O mais interesante, é que as mulleres sexan as propias creadoras desa arte (que tamén hai moitas, pero invisibilizadas) para non seren debuxadas sempre dende unha perspectiva masculina.

Por último, sería moi interesante chegar a un nivel moi amplo de difusión, para poder acceder a fotografías que reflictan as realidades diarias de mulleres de diferentes contextos culturais, sen quedarnos só cunha perspectiva das mulleres occidentais.



Isto vai só dos coidados e o traballo no fogar?

Se falamos de actividades de mulleres no seu día a día, moita xente automaticamente pensará no papel da muller no ámbito doméstico ou desenvolvendo traballo vinculado aos coidados. É lóxico pensalo, tdo@s sabemos que o ámbito doméstico non debería de ser dun xénero exclusivamente, pero a realidade é moi diferente. Co cal, obviando os supostos básicos de que o ideal sería a corresponsabilidade no fogar, este espazo tamén pode empregarse para reivindicar os espazos propios das mulleres. Os espazos públicos (así como os de poder), gozan dun mellor status social, en gran parte porque sempre estiveron masculinizados. Sempre se promove que as mulleres poidan introducirse en espazos masculinos, esquecendo por momentos dotar do prestixio e status que merece o traballo doméstico e os coidados; que se están tan infravalorados, é precisamente por ser tradicionalmente das mulleres.  Con todo, non se trata de pensar que as mulleres no seu día a día só se desenvolvan no ámbito do fogar.

En definitiva, o único requisito é que tanto fotógrafas, como fotografadas sexan mulleres desenvolvendo calquera actividade diaria e corrente; xa sexan xeitos de divertirse, de traballar, de descanso, de ocio... ou incluso para denunciar situacións.



Las abuelas con superpoderes colorean Galicia - El viajero accidentalDemografía en Galicia| Las jóvenes gallegas abandonan el rural ...
Qué es la perspectiva de género y por qué es importante? - EducoMujeres Fotografiadas Mientras Que Nada En Balneario Geotérmico En ...




La agricultura en África, clave para la paz | Planeta Futuro | EL PAÍS






























Imaxes
:https://images.app.goo.gl/7jSRU25JSMRz5PyE6        
https://images.app.goo.gl/UigqsGi6JLMn8YhM8 
https://images.app.goo.gl/jN4NGX9euMfZqMVg8 
https://images.app.goo.gl/aiJPnBr1EV8sANLy5                                                                                              

Comentarios

Entradas populares de este blog

Teoría King Kong

Reseña: Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.